@lvexplica: No exame de Historia na PAU 2025 hai moitas novidades. Algunhas xa as comentamos e este martes centrámonos no exercicio 2. Nesa pregunta pídese elaborar unha análise comparativa entre dúas ideoloxías, etapas ou situacións dos temas dos séculos XIX e XX que están no bloque II da materia. Estes son algúns posibles exemplos de comparacións que se poden pedir: Nos contidos relativos ao s.XIX poderían ser comparacións do tipo: • Comparar as disposicións da Constitución de Cádiz co sistema político absolutista -que son aspectos políticos abordados no tema da Crise do Antigo Réxime (esta é a opción dada no modelo de exame colgado na CIUG). • Comparar o Sexenio Abolutista e o Trienio Liberal (dúas etapas do reinado de Fernando VII) • Comparar os principios da ideoloxía liberal moderada coa liberal progresista ou co democrática (ideoloxías políticas desenvolvidas no reinado de Sabela II). Nos contidos relativos ao s.XX poderían ser cuestións do tipo: • Comparar as características do bienio reformista coas do bienio conservador da II República (exemplo do exame modelo). • Comparar a etapa do Directorio Militar coa do Directorio Civil na ditadura de Primo de Rivera. • Comparar as características do Bando Republicano e do Bando Nacional na Guerra Civil. 👩🏻‍🏫O vídeo foi realizado coa colaboración de Raquel Iglesias, profesora de Historia no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela. #lavozexplica #pau2025 #selectividad2025 #historiadeespaña #2bachillerato

La Voz Explica
La Voz Explica
Open In TikTok:
Region: ES
Tuesday 17 December 2024 12:34:34 GMT
8067
316
2
94

Music

Download

Comments

david23331yt
David23331YT :
🤨
2025-05-20 14:54:34
0
evaamadodelafuent
evaamadodelafuent :
😂
2025-11-08 19:38:51
0
To see more videos from user @lvexplica, please go to the Tikwm homepage.

Other Videos


About