@g24noticias: 📡 MIÑO Os veciños que viven preto dunha antena telefónica están desesperados polo zunido constante que emite dende hai uns días #galego #TVG #G24 #G24noticias #G24gal O ruído procedente dunha torre de telefonía está acabando coa paciencia e a saúde dunha familia de Miño que vive a escasos metros da instalación. É unha especie de zoar que non cesa e que lles impide descansar ou gozar do xardín e da horta. Levan máis dunha semana aturándoo. "Cada vez que abres unha porta ou unha ventá é seguido. Mesmo nos está cambiando o carácter", explica Carmen Varela, unha das afectadas. "Méteseche na cabeza e vas pola rúa e parece que segues co ruído dentro", engade Carlos, o seu marido. A torre nunca dera problemas con anterioridade. Contactaron coa propietaria do terreo no que está instalada e, a través dela, trataron de pedirlle solucións á empresa responsable, pero ninguén atende as súas queixas. "Eu non puiden falar con ninguén. Só puido a dona do predio, pero nin a nós nin ao Concello nos foi posible" O ruído está minando os ánimos desta parella coa que tamén convive unha persoa dependente. Queren recuperar canto antes a tranquilidade perdida, o sosego que nunca lles faltou no campo.

g24noticias
g24noticias
Open In TikTok:
Region: ES
Sunday 09 February 2025 09:26:33 GMT
6973
129
1
6

Music

Download

Comments

th6777
Carlos :
La solución es fácil para que vayan rápido 😇
2025-02-09 22:11:42
1
amparogarciaprieto
Amparo Garcia Prieto :
Uffff
2025-02-09 22:33:24
0
To see more videos from user @g24noticias, please go to the Tikwm homepage.

Other Videos


About