@g24noticias: 🛴 POIO De mariscar a vender droga en patinete (presuntamente) #Galicia #galego #TVG #G24 #G24noticias #G24gal Unha operación conxunta da Policía Nacional e a Local de Pontevedra colleu por sorpresa os veciños de Campelo, en Poio. En concreto os que residen na rúa Beiramar, onde se produciu a detención. Foi no baixo ubicado no número 73 onde os axentes entraron forzando unha das ventás inferiores para proceder ao rexistro da vivenda, apoiados pola unidade canina. Alí incautáronse de diversos efectos, entre eles un patinete eléctrico que o propietario, agora detido, podería empregar para desprazarse a distribuír a droga en Pontevedra. A detención do home produciuse tras varias semanas de indagacións e seguimentos polos axentes encargados do caso. Para os veciños foi unha sorpresa maíuscula a detención deste home, ao que coñecían pola súa actividade marisqueira pero en ningún momento sospeitaron de ningunha actividade ilícita. A UDYCO de Pontevedra ten aberta outra operación contra o narcotráfico da que polo de agora non transcenderon datos sobre a cantidade de droga incautada nin a cifra de persoas detidas.