@g24noticias: 🏗️ VIGO Un guindastre caeu cargado de vigas de ferro sobre a beirarrúa sen causar feridos #Galicia #galego #TVG #G24 #G24noticias #G24gal Un guindastre que traballaba nunha obra no centro de Vigo desplomouse sobre a beirarrúa cargada con varias vigas de ferro. Malia ser unha zona moi transitada, na rúa Policarpo Sanz, a sorte fixo que non pasase ninguén nese momento e non houbo feridos, pero si importantes danos materiais. Os bombeiros de Vigo traballaron en asegurar a cornixa máis danada e garantir a seguridade na zona. Con todo agardan que sexan os enxeñeiros e arquitecto municipal os que determinen se se pode abrir a zona ao paso de peóns. Xerardo Fernández, xefe de parque dos Bombeiros de Vigo, explicaba no lugar que o guindastre "levaba uns 2.000 quilos (de carga). Elevounos á cuberta, rompeu a parte final do guindastre e o camión envorcou ata que as vigas tocaron contra a marquesiña dun edificio". Nun primeiro momento o seu traballo centrouse en retirar "todos os elementos que teñen perigo inminente de caída na beirarrúa e despois vaise balizar" ata que analicen a estrutura.