@yamildoval: Un pazo barroco escondido entre estanques, pontes de pedra e camelias centenarias, cuns xardíns tan fermosos que moitos lle outorgaron, imaxino que hiperbólicamente, o alcume do Versalles galego. Un lugar onde a auga, a pedra e a natureza conviven creando unha atmósfera que che fai sentir como se viaxaras no tempo. Un dos pazos mellor conservados de Galicia e que nunca me canso de visitar unha e outra vez. 📌 Pazo de Oca, A Estrada, Galicia #galicia #galiza #galiciacalidade