@g24noticias: 🔴 O PORRIÑO Ferido un condutor ao perder o control do coche e quedar enriba da mediana da A-55 Toda a información, en G24.gal e G24play.gal No Porriño, un home resultou ferido despois de que o seu coche quedara atravesado enriba da mediana da A-55. O condutor perdeu o control do vehículo por causas que se descoñecen. O accidente ocorreu na tarde deste mércores. O condutor precisou atención sanitaria e un guindastre tivo que sacar o vehículo do lugar. O tráfico na zona está totalmente restablecido.