@g24noticias: 🔴 A CORUÑA Varios detidos e cargas policiais na protesta contra un acto de Vox na praza de María Pita Toda a información, en G24.gal e G24play.gal A praza de María Pita da Coruña viviu este mediodía unha auténtica batalla campal. Ata tres grupos distintos de extrema esquerda, entre eles Galiza Nova, as xuventudes do BNG, tentaron boicotear un acto de precampaña de Vox. Algúns dos concentrados guindaron pedras e mesmo cadeiras contra a policía, que tentaba desaloxar a zona. Hai polo menos un detido. Máis dun milleiro de persoas concentráronse en protesta pola presenza do líder de Vox, Santiago Abascal, nun acto na céntrica praza coruñesa, onde se viviron momentos de tensión con disturbios e cargas policiais. Tras un cordón policial formado por máis dunha ducia de furgóns da Policía Nacional, os manifestantes, convocados por organizacións estudantís, Galiza Nova e o Sindicato de Inquilinas, entre outras, situábanse nas proximidades do Concello, mentres que o acto de Vox celebrábase na entrada á praza por Porta Real. Desde as 11:00 horas, os mozos berraban consignas como 'A Coruña é antifascista' ou 'Non sodes nada sen a policía', entre outras, sen que se producisen incidentes ata que ao finalizar o acto de Vox houbo un encontrón entre policía e manifestantes que derivou nunha carga nunha das zonas da concentración. En declaracións aos medios, o secretario xeral de Galiza Nova, Artai Gabiás, reivindicou que "os discursos de odio que lanza" a formación de Santiago Abascal "non son ben recibidos en Galicia". "O seu odio e o seu racismo son unha estratexia para dividir ás clases populares. Os problemas non son os migrantes é o fracaso do sistema capitalista", subliñou Gabiás. Durante o acto, preguntado pola protesta, Santiago Abascal defendeu que "non hai coacción" que poida con eles, asegurando que a presenza dos manifestantes non lles dá "ningún medo".
g24noticias
Region: ES
Wednesday 21 October 2026 12:12:49 GMT
Music
Download
Comments
🇪🇦 :
Los auténticos fascistas
2026-10-21 12:43:31
143
laguarida7 :
La violencia creo que nunca será la solución
2026-10-21 12:44:18
275
Fernando Miguel Rivas Santamar :
2026-10-21 13:28:05
260
chapela2002 :
Los "progresistas", destrozando
2026-10-21 13:04:37
248
TikTok te quiere sumiso :
Recuerda
2026-10-21 14:05:39
76
Julio. :
SOLO QUEDA VOX.
2026-10-21 13:52:27
56
Jose :
VIVA VOX
2026-10-21 12:52:37
91
Hombre :
Y ellos son los que quieren respeto y tolerancia 🤦♂️🤦♂️
2026-10-21 13:34:26
127
🧚🏻♀️campanita🧚🏻♀️🗽💙🫧 :
Y esa cafetería qué culpa tiene para que esté así destrozada. Se nos está olvidando que somos personas no siglas de un partido
2026-10-21 12:50:14
204
CORTÉS. :
Esta es la Izquierda en España.
2026-10-21 12:51:52
54
noaaa :
contade ben as historias ou non as contedes
2026-10-21 13:24:18
18
beluki :
sin revolución no hay evolución
2026-10-21 15:57:00
18
Elado :
VERGUENZA ME DARÍA
SER POLICÍA
2026-10-21 13:13:05
13
Pichi :
2026-10-21 15:59:32
28
Gomfer 1 :
visto en directo,cargaron sin que los chavales hicieran el menor gesto o acto violento, los provocan para que reaccionen
2026-10-21 13:51:44
15
Marcelino :
Todos esos a pagar os desastres que romperon ea carcel con eles
2026-10-21 17:07:56
8
esther :
2026-10-21 18:13:00
17
Cherokee :
los que piden tolerancia son los menos tolerantes
2026-10-21 12:52:01
93
Darth Vader :
que vergoña de policía.
que se dean conta de que a quen pegan e quen lles paga.
2026-10-21 15:08:32
11
chintorial :
pois os detidos a pagar o 100% dos destros
2026-10-21 12:58:06
103
David Rodríguez Baña :
grupos radicais disque,como se nota de que. e a tvg
2026-10-21 14:19:35
11
moquisloquis :
Ahí se ve a los verdaderos fascistas.
2026-10-21 13:32:10
15
nasvy1971 :
vox
2026-10-21 12:50:27
154
Julin :
2026-10-21 13:02:15
108
maribel9990 :
es decir protestan los fascistas
2026-10-21 12:32:35
100
To see more videos from user @g24noticias, please go to the Tikwm
homepage.